Un proxecto educativo xuntará ao IES A Xunqueira 1 con institutos de Zaragoza, Lleida e Alacant
A Casa da Luz acolleu unha recepción do alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, a 56 estudantes dos IES A Xunqueira 1, IES María Blasco de Sant Vicent Raspeig (Alacant), IE Andalán de Zaragoza e IES Torre Vicens de Lleida que participan nun programa de intercambio e traballo conxunto, que os leva a coñecer as realidades nas que viven os seus compañeiros.
Novas tecnoloxías, medio ambiente, coñecemento do medio, lingua, xeografía… son áreas nas traballan os alumnos e alumnas, todos de 2º e 3º da ESO.
Os escolares participaron nunha visita guiada pola cidade e sobre o modelo urbano faloulles o alcalde, afondando na aposta polos peóns e o coidado das persoas que define a Pontevedra.











