Un motorista ferido nun accidente de tráfico de Lugo
Un home que circulaba nunha motocicleta resultou ferido nun accidente de tráfico rexistrado na mañá deste xoves cun coche implicado no termo municipal de Lugo. O sinistro tivo lugar sobre as 9,15 horas na Ponte Branca, na estrada vella que une Lugo e Santiago, segundo os datos facilitados polo 112 Galicia.
O motorista atopábase consciente e tirado no chan, segundo indicaron as mesmas fontes. Foron mobilizados Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Policía Local e Protección Civil. Ao lugar, segundo sinalaron fontes sanitarias, o 061 enviou unha ambulancia asistencial que levou ao ferido, o varón C.N.L., duns 58 anos, ao Hospital Nosa Señora dos Ollos Grandes.











