Últimos días para participar no concurso fotográfico “Cidade de Narón”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNarón
A-
A+

A concelleira de Turismo de Narón, Natalia Hermida, recorda que tan só quedan seis días para participar na sexta edición do Concurso Fotográfico “Cidade de Narón”. As imaxes a presentar –ata un máximo de tres por persoa e que poden remontarse a setembro de 2014- deben estar relacionadas coa fotografía deportiva ou de promoción do exercicio físico e tamén co concello naronés. O certame repartirá 1.200 euros en premios, que se entregarán aos autores dos tres mellores traballos.

O prazo para participar remata o vindeiro martes, día 17, polo que as persoas interesadas deben entregar as imaxes –baixo pseudónimo- no Rexistro do Concello ou no quinto andar, entre as 08.30 e as 13.30 horas. O autor da fotografía gañadora recibirá 750 euros e o segundo e terceiro premio están dotados con 300 e 150 euros respectivamente, tal e como recordou a edil Natalia Hermida.

As bases do certame poden consultarse na páxina werb do Concello –www.naron.es- ou na da Concellería de Turismo –www.turnaron.es-. Para obter máis información ao respecto tamén se pode chamar ao número de teléfono 981 337 700 (ext. 1517).

11 de novembro de 2015 | 19:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.