Talleres de Ciencia Mariña en Vigo
O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), no marco do programa de actividades que está a realizar en Galicia durante a Semana da Ciencia, promove mañá en Vigo “Talleres de Ciencia Mariña na rúa do Príncipe”.
Esta proposta de divulgación científica está liderada polo Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC, Vigo) coa colaboración da Unidade de Cultura Científica (UCC) da Delegación do CSIC en Galicia.
Os talleres, que estarán na rúa do Príncipe (fronte ao Museo Marco), son de carácter gratuíto. Trátase de “Sal de mesa nos océanos”, “Mini-estación de peixe cebra”, “Os mates que nos alimentan” e “Que hai nunha pinga de auga de mar?”.
Desenvolveranse en dúas quendas. Pola mañá, de 11.00 a 14.00 horas, co alumnado do centro de ensino CEIP García Barbón (5º e 6º de primaria).Pola tarde, de 16.00 a 20.00 horas, para o público xeral.











