publicidade hoxe

Talía Teatro actúa na Casa da Cultura de Lousame co espectáculo Demolición

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLousame
A-
A+

Unha das compañías audiovisuais galegas de referencia, Talía Teatro, será a protagonista desta semana nos “Venres Teatrais” da Laracha co seu último espectáculo, titulado Demolición.

Escrito e dirixido por Cándido Pazó, este comidrama no que se mesturan o humor, a emoción e a alquimia dramática será escenificado polos coñecidos actores Artur Trillo e Toño Casais.

O espectáculo baséase na divertida relación entre os personaxes e nos enxeñosos diálogos que esta suscita, coas reflexións e metáforas que se propoñen sobre as actitudes vitais e sociais e o compromiso cívico a respecto da historia e o tempo de cada quen. A especulación inmobiliaria está no transfondo, pero máis como motor argumental que como tema principal. 

A cita será este venres ás 21:00 horas na Casa da Cultura da Laracha, con entrada libre e gratuíta.

 Trátase da terceira función dos “Venres Teatrais”, que concluirán a próxima semana con Manar, da compañía Teatro Proscrito e coa actriz Sabela Hermida como protagonista. A obra, pola súa temática, inclúese no marco do programa do Concello da Laracha para conmemorar o Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, que se celebrará o 25 de novembro. 

18 de novembro de 2015 | 19:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.