publicidade hoxe

Sober celebra as súas xornadas micolóxicas entre o 12 e o 14 de novembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

A Agrupación Micolóxica Pingadouro celebra, en colaboración co Goberno local, as xornadas micolóxicas Sober 2015, que se desenvolverán entre os días 12 e 14 de novembro. O coordinador das xornadas é Ramón Losada Pérez.

Programa das xornadas

O xoves día 12 farase unha saída ao campo e identificación de setas. O punto de partida será a Escola de Hostalería de Rosende ás 10:00 horas. 

O venres días 13 a saída ao campo e a identificación de setas farase ás 11:00 horas desde o Colexio Virxe do Carme. Haberá unha nova saída ao  campo ás 16:00 horas desde a Praza do Concello. 

O sábado día 14 a saída ao campo será a partir das 10:00 horas desde a Praza do Concello. Ás 16:00 horas farase unha montaxe de exposición e identificación de setas no Centro Sociocultural e ás 18:00 horas Ramón Losada pronunciará o relatorio Introdución á micoloxía. Ás 20:00 horas terá lugar a degustación comentada de cogumelos a cargo do cociñeiro Fernando Bugueiro Cabo.

A participación nas xornadas está aberta a todos e todas os interesados.

10 de novembro de 2015 | 14:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.