Román Rodríguez visita o Centro de Formación de Recursos do Profesorado en Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+
Román Rodríguez na visita ao CFR de Pontevedra

Román Rodríguez na visita ao CFR de Pontevedra

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou esta mañá o Centro de Formación e Recursos do Profesorado (CFR) de Pontevedra, acompañado polo subdirector xeral de Ordenación e innovación educativa e formación do profesorado, Manuel Vila; e polo xefe territorial da Consellería na provincia, César Pérez Ares. O responsable do departamento educativo da Xunta de Galicia coñeceu de preto o traballo destes profesionais e agradeceulles a súa implicación á hora de asesorar e deseñar plans de formación do profesorado, posto que o seu labor redunda nunha mellora integral da calidade do sistema educativo.

18 de novembro de 2015 | 18:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.