Román Rodríguez mantivo unha reunión co alcalde de Bueu para axilizar a tramitación do PXOM

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+
Román Rodríguez na reunión co alcalde de Bueu

Román Rodríguez na reunión co alcalde de Bueu

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, recibiu esta mañá en San Caetano, en compaña da directora xeral do Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Ínsua, e do subdirector xeral de Protección do Patrimonio Cultural, Juan Naveira Seoane, ao alcalde de Bueu, Félix Juncal, e ao concelleiro de Urbanismo, Martín Villanueva, aos que lles explicou que se vai a axilizar a tramitación administrativa do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Neste sentido, o titular de Cultura e Educación da Xunta comprometeuse de xeito inmediato a achegar o informe de patrimonio para que o Concello poida seguir coa tramitación deste documento urbanístico. En concreto, o devandito informe autonómico conterá as indicacións necesarias e concretas sobre as correccións precisas no documento que deberá acometer o Concello, para acadar unha axeitada protección do patrimonio de Bueu, cuestión que tamén resulta unha prioridade para o municipio.

Con esta xuntanza tratouse por ambas partes de desbloquear unha tramitación lenta do Plan, unha preocupación así mesmo compartida por todos os grupos municipais deste concello pontevedrés.

9 de novembro de 2015 | 20:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.