publicidade hoxe

Ribadumia acollerá unha charla sobre aforro enerxético

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia acollerá este xoves 19 de novembro unha charla informativa sobre aforro enerxético. Organiza a sesión a Asociación de Amas de Casa o Noso Lar en colaboración co Instituto Galego de Consumo, a Xunta de Galicia e o Concello de Ribadumia. 

Esta sesión ten como obxectivo informar ós interesados sobre cómo aforrar na factura da luz, as potencias que hai que ter segundo a enerxía que se use, e no caso de facer algún tipo de reclamación por incidente, o mellor método para facela. A charla correrá a cargo de Ana María Cores Meixus, técnico de consumo, que aclarará todas as dúbidas dos participantes en temas de enerxía eléctrica. 

Os asistentes tamén poderán levar as súas facturas de luz para comprobar si están ben e aclarar todas as dúbidas que lles poidan xurdir.  

A sesión terá lugar este xoves 19 de novembro a partir das 20:00 horas no Centro Social de Barrantes. Entrada gratuíta. 

Os interesados teñen que inscribirse nas oficinas do Concello de Ribadumia  en horario de 08:00 a 15:00 horas ou no teléfono 986718491 antes do xoves 19. 

17 de novembro de 2015 | 20:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.