Retrouso celebra a tradicional ‘Foliada da chuva’ no Torrecino de Cela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueuCalendario
A-
A+

A Asociación Cultural Retrouso de Cela volve este sábado, 21 de novembro, coa súa tradicional “Foliada da chuva”, a partir das 22 horas no Torrecino de Cela.

Esta Foliada celebrouse por primeira vez, de forma improvisada, en xullo do 2011, cando debido ao mal tempo se tivo que cancelar o Festival Retrouso que habitualmente se celebra no verán. En vez de desconvocar, citouse á xente a ir ao local do Torrecino, resgardados da chuva, onde se fixo a festa de forma espontánea. Desde aquel ano déuselle seguimento xa en datas máis invernais, como forma de dinamizar as escolas tradicionais da comarca en datas con poucas oportunidades para tocar fóra das aulas.

O CENTRO SOCIAL ACOLLE UN CONCERTO DE CORAIS

Por outra banda, o vindeiro sábado, 21 de novembro, o Centro Social do Mar acolle o VIII Concerto de Santa Cecilia de canto coral, organizado pola Coral Polifónica Acordes de Bueu e que se desenvolverá a partir das 19.30 horas. As corais participantes serán a Coral Polifónica Agarimo de Porriño, Coral Polifónica de Baredo, de Baiona, e a Coral Polifónica Acordes de Bueu.

Programa coas cancións a interpretar:

Coral Polifónica de Baredo

– “Perla Antillana”, de Rey Rivero

– “Eu caseime por un ano”, popular

– “Hermosa”, de Rey Rivero

– “Velai vai”, popular

– “Siyahamba”, pupular africana

– “La reina del placer”, de J. Montsalvatge, A. Langree.

Coral Polifónica Agarimos de Torneiros

– “Valentina”, popular arxentina, ARM. Alain Langree 1927

– “El abanico·, de José Trayter

– “Te quiero”, poesía de Marío Benedetti, ARM. Liliana Cangliano

– “Ave María non morro”, popular brasileira, ARM. Ángel Viro

– “El reloj”, letra e música de Roberto Cantoral, versión coral L. Blasco

“O canteiro”, letra de Uxío Davila, música de Xosé A. Oliveira.

Coral Polifónica Acordes de Bueu

– “Muñequita linda”, de María Grever

– “Miña nai”, popular galega

– “O neno durmía”, panxoliña galega de Antonio I. Paz Valverde

– “La barca de oro”, habanera de Abundio Martínez

– “Flor tropical”, habanera de Gregorio García Segura

– “Tu mi barco y el mar”, habanera de Gregorio García Segura

19 de novembro de 2015 | 19:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.