publicidade hoxe

Rematada a senda peonil de cancela a Brea, no Concello de Dodro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDodro
A-
A+

A Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, vén de rematar as obras de execución dunha senda peonil na estrada Padrón – Ribeira (AC-305), no núcleo de Cancela Abrea, no Concello de Dodro. A obra foi cofinanciada con Fondos Feder nun 80 % e requiriu dun investimento de 22.512,07 euros.

A senda executouse pola marxe dereita da estrada, entre os puntos quilométricos 0+550 e 0+700, dando continuidade á xa existente na travesía de Vigo de mais dun quilómetro de lonxitude. A estrada AC-305 contaba neste treito cunha beiravía de ancho reducido, o que dificultaba o tránsito de peóns.

A solución adoptada foi similar á existente no núcleo de Vigo, consistindo os traballos realizados na colocación dunha tubaxe para recollida de augas pluviais, que se complementou con pozos e sumidoiros, estendido de zahorra e finalización da senda con pavimento de mestura bituminosa en quente.

O Goberno galego, a través deste tipo de proxectos, pretende resolver carencias nas infraestruturas viarias que o precisen, incrementando a calidade de vida dos cidadáns e impulsando o desenvolvemento económico e social dos concellos da comunidade.

17 de novembro de 2015 | 17:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.