Regresan os talleres de cabaret con Nelson Quinteiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Nesta ocasión proxéctase un obradoiro en Santiago de Compostela centrado no aspecto coreográfico, que terá lugar do 23 ao 27 de novembro.

O QUE: Laboratorio de creación coreográfica en cabaret contemporáneo.

CANDO: Do luns 23 ao venres 27 de novembro de 2015

ONDE: ESPAZO BALEIRO. Local 4 da Faculdade de Filoloxía de Santiago de Compostela. Campus Norte

HORARIO: De 10:00 h a 13:00 h

PARA QUEN: Todos os públicos, a partir de 18 anos.

COMO: O alumnado debe traer roupa cómoda e flexible, preferiblemente negra ou vermella e axustada ao corpo. Aínda que se traballará moito a pé descalzo tamén precisaremos de zapatos de vestir ou tacón.

CANTO: Matrícula 55 € (45 € alumnos/as da USC), a ingresar no número de conta ES88 2080 0004 5030 4001 5025 indicando no concepto do ingreso CURSO DE CABARET. VOLUMEN 1 + NOME DA PERSOA INSCRITA

CONTIDOS: Achegamento á linguaxe escénica de Nelson Quinteiro, director do Festival Galego de cabaré, Colectivo Femme Fatale en torno ó cabaret, as artes de rúa e a performance. Creación e posta en escena de dinámicas e propostas de cabaré aplicado ás artes de rúa e dinamización de espazos non convencionais. Rutina regular de entrenamento e creación e composición coreográfica, construcción de personaxe, enerxía e presenza escénica.

IMPORTANTE: Mostra pública en forma de flashtop na propia Faculdade de Filoloxía

OBXECTIVO: Creación dun elenco permeable con base en Santiago de Compostela para manter activos diferentes espectáculos de Nelson Quinteiro.

10 de novembro de 2015 | 15:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.