Ratifícase o internamento non voluntario do xoven que acoitelou a súa nai en Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSucesosVigo
A-
A+
Europa Press

O mozo de 27 anos de idade detido na noite do domingo como presunto autor da morte da súa nai permanece ingresado na Unidade de Psiquiatría do Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) e, segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o xulgado ratificou o seu “internamento non voluntario”.

Ramón M.C. foi arrestado na noite do domingo ao luns tras confesar ante unha veciña primeiro e logo ante a Policía, que matara a súa nai, María Inmaculada C.R. Tras o seu traslado ao HAC, o mozo permanece ingresado e non se prevé que pase a disposición xudicial ata que reciba a alta ou estea en condicións de declarar.

Os feitos tiveron lugar nun domicilio da rúa Zamora, a onde acudiron efectivos policiais e sanitarios, que non puideron facer nada por salvar a vida da muller, de 56 anos de idade.

10 de novembro de 2015 | 16:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.