Política Social e a Fundación Secretariado Xitano amplían a súa colaboración

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou na mañá de hoxe a sede olívica da Fundación Secretariado Xitano. Alí afondou cos representantes da asociación en novas vías de colaboración entre ambas institucións para acadar “a total normalización da situación e unha absoluta integración do pobo xitano na sociedade galega, que representa un colectivo fundamental nas nosas políticas”.

Na súa reunión, o conselleiro amosou a boa sintonía entre a Xunta de Galicia e a Fundación que se ten cristalizado ao longo destes anos en numerosos proxectos conxuntos. Así, o titular da área social destacou o papel da Fundación Secretariado Xitano na elaboración da Estratexia de Inclusión Social da poboación xitana en Galicia e que recollerá medidas en catro ámbitos como educación, vivenda, sanidade e emprego.

A Fundación Secretariado Xitano elabora o programa Acceder para o fomento da inserción laboral, a inclusión social e a mellora das condicións de vida e traballo do pobo xitano. A Xunta de Galicia asina anualmente un convenio desde 2001 para a elaboración deste programa cunha achega de 64.000 euros. No ano 2014 atendéronse a 1.045 persoas ao abeiro deste convenio e acadáronse 348 contratos.

20 de novembro de 2015 | 19:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.