Permanece aberto o prazo do XII concurso de carteis ‘Contra a violencia de xénero’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

O Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello de Bueu abriu o pasado 13 de outubro o prazo para participar no “XII Concurso de Carteis contra a violencia de xénero” que se organiza co gallo da conmemoración, o día 25 de novembro, do Día Internacional da Non Violencia contra a Muller. O concurso vai dirixido a todos os centros de Educación Primaria, ESO e Bacharelato do municipio buenense, que poderán presentar obras ata este venres, 13 de novembro.

O obxectivo desta actividade é acadar unha maior sensibilización social nos escolares na prevención e erradicación de comportamentos violentos contra as mulleres. Os gañadores daranse a coñecer entre os días 16 e 17 de novembro, aos que se obsequiará cunha tablet nas diversas categorías.

En canto ás características de presentación, os traballos deberán ser inéditos e orixinais, en tamaño A3 e individuais, que se deberán entregar no CIM da rúa Pazos Fontenla antes  do 13 de novembro,

O xurado decidirá finalmente cal será o cartel que se vai utilizar como soporte publicitario do Día Internacional da non Violencia contra as mulleres, e  na entrega de premios no acto do 25 de novembro ás 12 horas.

10 de novembro de 2015 | 10:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.