Os rapaces viviron con intensidade as actividades programadas no Festival de Cine

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O público infantil viviu con intensidade as actividades contempladas para os rapaces dentro da programación do Festival de Cine Internacional de Ourense. Esta mañán foron os integrantes dunha clase de A Ponte os que participaron nun obradoiro audiovisual, como premio á película que presentaron no Ouff Escola, como un dos 126 traballos que optaron a premio, e nos que traballaron mais de 2.300 escolares.

No obradoiro que tivo lugar na Sala Valente, os participantes –divididos en dous grupos- dedicaron toda a mañán a preparar o material necesario para facer unha película, utilizando para eso plastilina, play móvil, e outros elementos propios dos xogos infantiles, que logo filmaron para o seu visionado. Na tarde do mércores houbo o mesmo obradoiro, pero para rapaces voluntarios que se incorporaban a sala Valente ou que se habían inscrito previamente. O martes, día 17, tamén na Sala Valente houbo un obradoiro de animación que rexistrou notable concurrencia.

Entre as iniciativas destacadas da programación infantil está o cine para nenos nos barrios, para achegar ós máis pequenos a algunhas das producións máis importantes da cinematografía infantil feita en Galicia. Neste caso foi “O bosque animado”, que se proxectou na Sociedade Cultural Albor, no Centro Cívico de A Cuña e no Espazo Lusquiños.

O domingo, día 22, proxectarase nos mesmos lugares “O soño dunha noite de San Xoán”, gañadora do premio Goya á mellor película de animación no ano 2006.

19 de novembro de 2015 | 19:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.