publicidade hoxe

Os pais de alumnos de Primaria, ESO ou educación especial poden solicitar a axuda autonómica para a adquisición de material escolar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

Dende a  concellería de  Educación mosense, dirixida pola edil Kely Monzón, informase ós pais de alumnos/as escolarizados no Concello de Mos, -que estean cursando Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou educación especial, e matriculados en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que non puidesen acollerse ás axudas reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015 ou que téndoas solicitadas, resultasen excluídos por unha causa emendable-, de que xa poden solicitar a axuda autonómica para a adquisición de material escolar.

Esta subvención, cunha contía de 50 euros por alumno/a, deberá  ser solicitada ata o 21 de novembro (10 días hábiles), a través do centro docente. Os formularios de solicitude poderán obterse na guía de procedementos e servizos nos enlaces web https://sede.xunta.es ou http://www.edu.xunta.es .

Os requisitos son que deberán cumprir os beneficiarios desta axuda son ser pai/nai/titor legal do alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria ou educación especial nun centro sostido con fondos públicos durante o curso escolar 2015/16; non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño,de subvencións de Galicia; e ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros.

10 de novembro de 2015 | 19:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.