publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os faladoiros do IEM versarán sobre “Sabemos o que comemos?”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

O vindeiro venres 20 de novembro dará comezo na Aula de Cultura Ponte de Rosas, un ciclo de conferencias que afondarán na industria alimentaria. Galo Escanero (Horta Fresca, A Ramallosa), tendeiro; Ricardo Gómez (Horta do Val, Chandebrito), produtor;  e mais ÁnxelesBouzó (grupo de consumo DesPensa, Val Miñor) abordarán diversas acciónsartelladasna bisbarra na procura de alternativas á industria alimentaria. A mesa, que será coordinada por Pablo Casal (IEM), dará comezo ás 20:30 horas, na sede do Instituto de Estudos Miñoranos.

O programa dos Faladoiro “Sabemos o que comemos?”, continuará o seguinte xoves 26 de novembro á mesma hora cunha conferencia sobre praguicidas nos alimentos, a cargo do biólogo César Lema.

18 de novembro de 2015 | 17:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.