Os estudantes do colexio Padres Franciscanos visitaron a Casa Consistorial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+
Visita dos estudantes

Visita dos estudantes

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, recibiu este xoves no Salón de Plenos do Concello a un grupo de 49 nenos e nenas que cursan segundo de primaria no colexio lucense Padres Franciscanos. Os cativos viñan acompañados de 2 profesores.

Os nenos e nenas, de ao redor de 7 anos, mostraron curiosidade polo funcionamento do Concello e polo labor que desempeña o Goberno Municipal. Ana Prieto explicoulles o seu traballo como Concelleira e respondeu a todas as preguntas que lle fixeron os cativos e cativas, moi interesados en saber como se toman as decisións nun Concello e como se chega a formar parte da Corporación Municipal. Prieto atendeu as peticións dos máis cativos, que concienciados dos beneficios dunha boa práctica deportiva, demandaron máis piscinas, máis campos de fútbol e máis pistas de baloncesto.

Os alumnos e alumnas do colexio Padres Franciscanos recibiron como agasallo unha mochila que conciencia do uso da lingua galega. 

12 de novembro de 2015 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.