publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os Axóuxeres regresa ao Carballiño esta fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

Os Axóuxeres chegan novamente a O Carballiño, o vindeiro 6 de novembro, dende as 17:00 horas no auditorio da vila. Esta actividade, que lava achegandose a O Carballiño dende hai anos, está organziada pola rede de dinamización lingüística da Xunta de Galicia, en colaboura ca área dew Normalización Lingüística do concello.

Os Axóuxeres son o encontro da xente miúda da casa coas artes escénicas, co teatro, coa música en directo… cos primeiros xogos e coas primeiras cancións en galego… coa lingua de noso. Cada Encontro dos Axóuxeres, de aproximadamente 40 minutos de duración, foi creado para ofrecerlles aos bebés e nenos/as de 0 a 6 anos un espazo onde desfrutar e abrirse ao descubrimento do mundo en galego.

Os Axóuxeres son a festa da música, dos xogos e das palabras. Un espectáculo de dinamización lingüística baseado en historias adaptadas á miúda da casa e mesturadas con cancións e xogos especificamente creados para a montaxe. Unha festa que por primeira vez se poderá levar para a casa nun cedé co que o programa agasallará a todas as familias participantes.

Estrelas dormen, Voga valente, Vou navegar, Entre o mar e esta bañeira e Mergullo son as cancións orixinais dos novos Axóuxeres, que María Torres e Gonçalo Guerreiro interpretan en directo acompañados polos músicos Mano Panforreteiro e Dani Pais, e que recolle o cedé homónimo, no que tamén se poden escoitar brinquedos e adiviñas infantís.

Reserva previa

A entrada para os Encontros dos Axóuxeres é de balde con reserva previa ata completar a capacidade. As persoas interesadas en participar cos seus bebés ou nenos/as de 0 a 6 anos poderán inscribirse previamente, de luns a venres e en horario de 10:00 a 13:00 horas, no teléfono 697 363 089. As inscricións abriranse o luns anterior á celebración de cada unha das funcións.

3 de novembro de 2015 | 13:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.