Os atletas da Sociedade Ximnástica participarán na carreira de San Martiño en Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

O vindeiro domingo Ourense encherase de corredores populares para participar na 39 edición dunha das carreiras galegas máis importantes e á que non faltarán atletas da Sociedade Ximnástica de Pontevedra. Serán máis de once mil os corredores de toda Galicia, os que tomarán a saída sobre o río Miño, para percorrer os 10 quilómetros oficiais marcados polas rúas e prazas da cidade da capital.

Será moi complicado que os atletas pontevedreses poidan loitar polo podio, aínda así na terna de favoritas atópase Joselyn Brea, que vén de gañar en Santiago e ser terceira en Negreira e pode pechar este ciclo das carreiras galegas máis importantes con outro podio no seu palmarés.

En canto aos homes, Rubén Diz, tras o visto en Santiago, pode ter opcións de meterse entre os 10 mellores, o mesmo que Iván Docampo e haberá outros con Fran Iglesias, Martín Taín e os mozos Fernando Rial e Jorge Puig, que a recado os veremos nos postos de cabeza.

A Sociedade Ximnástica estreará a tempada de campo a través en Atapuerca 

Aos pés dunha da necrópole prehistórica máis importante de España, celébrase a duodécima edición do cros internacional de Atapuerca, unha proba incluída no calendario mundial de campo a través, sen dúbida un motivo máis para ir gozar cos mellores atletas do mundo.

Ás 13:25 horas do domingo, darase a saída á carreira absoluta masculino coa presenza de dous atletas da Sociedade Ximnástica, Manuel Furtado e Iván Blanco, que dado o gran nivel que se verá en Atapuerca, será moi complicado velos nos postos de cabeza, pero estarán atentos a calquera oportunidade.

12 de novembro de 2015 | 18:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.