Os alcaldes do consorcio As Mariñas farán fronte común contra os roubos na comarca
Os roubos que está a padecer a comarca nas últimas datas levan aos alcaldes a sumar forzas para combatelos. Aproveitando a unión dos nove Concellos da área metropolitana no Consorcio As Mariñas, os rexedores pedirán unha reunión coa maior prema á Delegación do Goberno en Galicia coa única intención de falar sobre a seguridade.
O obxectivo do encontro consistirá en coñecer de primeira man a situación da comarca en materia de seguridade, especialmente os feitos ocorridos nas últimas semanas. E os Concellos queren coa reunión abordar as posibles medidas a tomar, en todos os ámbitos, para actuar contra estes feitos delituosos.
Os alcaldes comparten a preocupación dos veciños polas noticias que se están coñecendo sobre os roubos e por iso interesaranse por actuacións que desde as forzas de seguridade e desde as administracións póidanse tomar para parar esta situación.











