Ordes acolle unha charla sobre etiquetado de produtos
En colaboración co Concello de Ordes a Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios ofrecerá o mércores 18 de novembro unha charla sobre o etiquetado de produtos. A cita está posta para as 19 horas nos baixos da Alameda e nela falarase de todos os elementos que compoñen as etiquetas, así como a información que por lei deben incluír. Esta iniciativa está incluída na campaña sobre información alimentaria da que é a primeira asociación de consumidores do país, CEACCU.











