O Trilho Corredoura do Manco celébrase este sábado en Valença

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

Este sábado, 14 de novembro, a Eurocidade Tui-Valença organizará, dentro do IV Circuíto de Andainas/Trilhos Saudables, o “Trilho Corredoura do Manco”, que sairá ás 10.00 horas españolas, dende o campo de fútbol de Friestas, percorrendo as freguesías de Friestas e San Fins.

Como nos trilhos anteriores, o punto de encontro alternativo para aqueles que descoñezan o punto de saída, será no aparcamento do Lidl de Valença, ás 09.45 horas españolas. 

Esta andaina terá unha distancia a percorrer de 10,5 quilómetros, sendo o grado de dificultade fácil, cunha duración do percorrido de ao redor de 4 horas. 

Toda a información sobre o Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade pode atoparse na páxina do Facebook, “Caminhadas Saudáveis e Andainas Saudables”.

11 de novembro de 2015 | 17:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.