O Teatro Municipal de Tui acollerá este venres a proxección da película “Os Fenómenos”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

Este venres, 13 de novembro, ás 21.30h, proxectarase no Teatro Municipal de Tui a película “Os Fenómenos” dirixida por Alfonso Zarauza e interpretada por Lola Dueñas, Luís Tosar, Miguel de Lira, Antonio Durán “Morris”, Xosé A, Touriñán e Federico Pérez Rey

O filme conta a historia dunha muller que vive desde hai tres anos nunha furgoneta aparcada na costa de Almería, ve como a súa parella desaparece o día en que ía comezar a traballar. Regresa co seu bebé á súa vila natal, Ferrol. Ao principio ten problemas para  atopar traballo, pero remata conseguindo un posto de peón de albanel.

As entradas están á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 13h, ou o venres dende ás 20h no despacho de billetes ao prezo de 5€ e 3€.

11 de novembro de 2015 | 17:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.