publicidade hoxe

O Sergas adxudica a obra do centro de saúde de Pontedeva por 710.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontedeva
A-
A+

A Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde vén de adxudicar á empresa Misturas, S.A., por un importe de 710.265 euros, a obra de construción do centro de saúde do Outeiro, no concello ourensán de Pontedeva.

Esta nova instalación do Sergas contará cunha consulta de medicina xeral, unha de enfermería, unha sala da muller, área administrativa con admisión e arquivos, e sala de estar-biblioteca, entre outras dependencias.

A superficie construída do centro é de preto de 420 metros cadrados, e a obra ten un prazo de execución de ao redor de 7 meses.

A construción deste novo centro de saúde, nunha parcela cedida polo Concello, suporá que tanto os profesionais como os pacientes e usuarios terán unha infraestrutura moderna e adaptada ás súas necesidades, dando unha mellor resposta ás necesidades de saúde, presentes e futuras, das veciñas e veciños deste concello.

10 de novembro de 2015 | 20:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.