publicidade hoxe

O Sergas adxudica a obra do centro de saúde da Capela por 625.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Capela
A-
A+
Europa Press

A Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde vén de adxudicar á empresa Extraco, S.A., por un importe de 625.531 euros, a obra de construción do centro de saúde das Neves, no concello coruñés da Capela. Esta nova instalación do Sergas contará cunha consulta de medicina xeral, unha de enfermería, dúas polivalentes adaptadas a pediatría e atención á muller, arquivos, aseos, oficios e almacéns, e todos os servizos necesarios para o correcto funcionamento da mesma.

A superficie construída do centro é de preto de 500 metros cadrados, e a obra ten un prazo de execución de cinco meses.

A construción deste novo centro de saúde, nunha parcela cedida polo Concello, suporá que tanto os profesionais como os pacientes e usuarios terán unha infraestrutura moderna e adaptada ás súas necesidades, dando unha mellor resposta ás necesidades de saúde, presentes e futuras, das veciñas e veciños deste concello.

10 de novembro de 2015 | 20:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.