O Santiago Futsal pon a disposición dos seus afeccionados un bus para viaxar a Burela
O ‘derbi galego’ por excelencia da máxima división de fútbol sala dáse cita este sábado en Burela. Burelenses e santiagueses veranse as caras nun dos encontros máis atractivos da xornada, ao que ambos os conxuntos chegan con obxectivos parellos e onde se poderá gozar do mellor espectáculo do fútbol sala galego.
Para todos aqueles seguidores do Santiago Futsal que queiran vivir o ‘derbi galego’ de primeira man e apoiar aos guerreiros celestes na pista de Vista Alegre, o club pon á súa disposición un autobús para realizar o desprazamento a Burela. O autobús sairá da portas das oficinas do Santiago Futsal ás 15.30h e regresará tras a finalización do encontro en Burela. O prezo do desprazamento e da entrada ao partido terá un custo de 15€.
A reserva da praza poderá realizarse nas oficinas do club, por teléfono (981 11 50 38) ou mediante correo electrónico (administracion@santiagofutsal.com)
O número mínimo de inscritos para realizar o desprazamento será de 30 persoas e a data límite para reservar praza será o xoves ata as 14h.











