O Santiago Futsal forma a adestradores en Xapón
Tras os Campus formativos de fútbol sala que o Santiago Futsal desenvolve en Xapón desde o pasado mes de Agosto agora, os técnicos cos que club santiagués conta no país nipón, están a realizar xornadas técnicas dirixidas a adestradores de fútbol sala.
Un total de 20 adestradores de diversas categorías, desde a 2ª división ata liga provincial, participan neste campus de 7 xornadas en Kyushu, das que xa se celebraron as catro primeiras e cuxo tempo de duración prolongarase ata o 15 de Decembro.
Desta maneira Santiago Futsal segue mostrando o seu apoio ao desenvolvemento do deporte e, neste caso, do fútbol sala en Xapón. Os campus organizados polo club santiagués seguen tendo gran acollida entre os técnicos e xogadores deste deporte, que ven na metodoloxía e as técnicas do Santiago Futsal unha referencia para o fútbol sala no país nipón.











