O Santiago Futsal buscará resarcirse e sumar a segunda en casa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

Santiago Futsal ten ante si una das probas máis duras do campionato recibindo mañá a un dos equipos ‘revelación’ das últimas tempadas. Palma Futsal visita o feudo santiagués nun encontro que os celestes queren atar dende o comezo, e sumar tres puntos que lles darían ás para ascender posicións na táboa.

Os de Santiago chegan ao encontro contra os baleares na décima posición da táboa e buscan fiar a segunda vitoria consecutiva en casa tras superar aos malagueños UMA Antequera por 4-1 na 7ª xornada. Despois do tropezóns ocorrido a pasada xornada en Navarra, nun encontro que os galegos comezaron gañando, pero que se lles escapou na segunda metade, os celestes buscan resarcirse dese resultado negativo e brindar á súa afección 3 puntos de gran importancia para as aspiracións locais.

Pola súa banda, Palma Futsal chega nunha situación moi diferente á dos locais. Os baleares asíntanse na 3ª posición da táboa e a pasada semana lograron o pase ás semifinais de Copa do Rei tras eliminar ao vixente campión Movistar Inter.

Os antecedentes dos encontros entre ambos os conxuntos na pista santiaguesa son máis que favorables para os locais. Dos seis encontros disputados no Multiusos Fontes do Sar, os santiagueses suman un total de cinco vitoria e un empate, o da tempada 11/12 cun resultado de 2-2. No encontro da tempada pasada, os celestes, naquel tempo ‘brancos’, superaron aos mallorquinos por 5-3 no último encontro antes do parón do Nadal.

Aínda que este ano baleares e santiagueses xa se viron as caras no Torneo burelense ‘E para comer Lugo’ celebrado en pretemporada. O encontro, que finalizou con empate 0-0 decidiuse no último tiro da quenda de penaltis no que Barrón non errou e clasificou aos seus para a final.

Para o encontro de mañá Santi Valladares conta coas baixas de longa duración de Pablo Tallón e David Palmas. Así mesmo, son dúbida para a convocatoria de mañá Iván Rumbo, Juanjo Catela e Álex Diz por problemas musculares.

5 de novembro de 2015 | 14:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.