O Salón de Automóbil de Expourense pecha a súa sétima edición superando todas as expectativas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurenseOurense
A-
A+
Vista do Salón do Automóbil

Vista do Salón do Automóbil

O cartel de “Vendido” foi o que máis viron os visitantes desta última xornada do 7º Salón do Automóbil, que pecha as súas portas nunhas horas con gran éxitode público e vendas, superando as cifras da edición anterior. En total, entre o Salón de Vehículo novo celebrado o fin de semana pasado e o de Ocasión que hoxe termina, os concesionarios participantes estiman haber vendido preto de 300 automóbiles, unha cifra que poderá ver superada ao peche desta cita ás 20:30h. No que se refire ao público calcúlanse que foron máis de 7.000 visitas, polo que entre os dous fins de semana o recinto feiral recibiu  máis de 14.000 visitas.

A falta do último reconto de cifras de vendas “os concesionarios participantes están moi contentos cos resultados obtidos, que superaron con fartura todas as expectativas” segundo palabras de Luís Aragonés, Presidente de A.C.A.U.T.O. O pasado fin de semana, unha das actividades que máis chamou a atención dos visitantes foi o Mazda Showroom, que foi visitado por 465 persoas.

As principais novidades deste ano foron o patrocinio de ABANCA e o feito de que todos os vehículos expostos neste salón estiveron revisados por Applus+ Automotive, empresa de recoñecido prestixio que presta servizos de inspección regulamentaria de vehículos e solucións para ensaios de emisións e gas a nivel mundial.  A través do seu programa Applus+ VO, levou cabo a revisión dos máis de 300 vehículos expostos co obxectivo de asegurar o cumprimento dos estándares de seguridade, fiabilidade mecánica, estética e comercialización.

A.C.A.U.T.O. realizará ante notario o sorteo do desconto de 6000 euros entre máis de 300 papeletas que cubriron os compradores. A entrega deste desconto realizarase a semana próxima no concesionario que venda o coche cuxo cupón resulte premiado.

O público puido consultar nun mesmo espazo toda a oferta existente no mercado ourensán na maior exposición de coches seminuevos, e comparar opcións antes de elixir o coche que mellor se adaptase ás súas necesidades. Como incentivo para animar aos visitantes a axilizar o proceso de decisión, a organización volveu sortear, entre os visitantes que pecharon a compra dun automóbil durante o salón, un cheque regalo por importe de 6.000 euros a descontar do prezo de compra do vehículo adquirido e que supón o desconto máis grande realizado en feiras deste tipo en Galicia.

Este Salón presentou unha ampla oferta de vehículo de Ocasión, un concepto no que entran  os coches de quilómetro cero, seminuevo, de xerencia, substitución, mostra ou de segunda man. Á hora de comprar un coche de ocasión, desde A.C.A.U.T.O. recoméndase acudir a profesionais xa que estes ofrecen unhas garantías inexistentes entre as transaccións entre particulares. Por lei hai que ofrecer un ano de garantía total, sendo moitas as empresas as que estenden esta garantía até dous anos ou máis no caso de coches seminuevos (de 0 a 3 anos), outra vantaxe é a xestión da documentación do proceso de compra-venda, do que se encarga o profesional.

A oferta presentada neste Salón foi ampla podendo atoparse vehículos desde 3.000 euros, aínda que “o vehículo tipo” nesta cita foi o do mercado de Ocasión en España, isto é, un coche que redondea os 13.000 euros e que conta con até 5 anos de antigüidade.

A próxima cita Feiral en Expourense será a 16º edición de CELEBRA, Salón de Vodas, Comuñóns, Bautizos e Actos Sociais que se celebrará os días 7 e 8 de novembro e na que as principais marcas locais ofrecerán os seus servizos e as súas novidades. Á súa vez os visitantes tamén poderán visitar a 2ª Feira de Antigüidades, que se desenvolverá do venres 6 ao domingo 8.

1 de novembro de 2015 | 19:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.