O programa “Teatro, Cine e Danza na Escola” oferta un novo espectáculo teatral, “A Visita da Vella Dama”
O programa educativo “Teatro, Cine e Danza na Escola”, que desenvolve o Concello de Ourense a través da Concellería de Educación, oferta un novo espectáculo teatra, “A Visita da Vella Dama”. Nesta ocasión, alumnos e alumnas de Educación Secundaria de Ourense poderán disfrutar desta obra, baseada no texto de Friederich Dürrenmatt, que é un espectáculo no que o espectador asistirá a unha obra de intenso traballo actoral ao servizo dunha histroria impactante e enormemente divertida.
Os rapaces que asistirán non só gozarán da representación, senón que despois de esta, terán a oportunidade de ter un coloquio co director e cos actores que contarán como o teatro cambiou as súas vidas e todas as dificultades coas que se atopan cando se suben a un escenario pero que superan con creces vendo o resultado.
Os obxectivos esta obra son fundamentalmente dous:
Amosar o que son capaces de facer sobre un escenario un grupo de persoas cegas ou con discapacidade visual e animar ó alumnado da cidade a practicar e a asistir ó teatro e formar espectadores críticos
Esta actividade terá lugar os días 19 e 20 de novembro (2 sesións en total) no salón e actos da Escola Municipal das Artes Escénicas ás 11.30h
Asisten un total de 210 alumnos e alumnas de ESO, Bacharelato e Formación Profesional de 5 centros de ensino da cidade (CPR A Purísima, CPI José G García, IES Otero Pedrayo, CIFP Valle Inclán e IES Universidade Laboral).
Sinopse
Gullen é unha cidade miserable e decadente nalgún lugar de Europa na que os seus habitantess, sumidos nunha grave crise económica pasan os días lembrando con nostalxia os vellos tempos.
A localidade agarda con impaciencia a visita da multimillonaria Clara Zachanassian e, a súa chegada, Clara anuncia que está disposta a axudar á reactivación da economía de Gullen cunha condición que vai poñer en cuestión todas as bases morais da cidade…











