publicidade hoxe

O presidente da Deputación da Coruña confía en que Besteiro sexa candidato á Xunta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaAs Pontes
A-
A+
Europa Press

O presidente da Deputación da Coruña e alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, trasladou a súa confianza en que o actual secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, sexa o candidato socialista nas próximas eleccións autonómicas, ao tempo que pediu ao partido non se mirar “tanto ao embigo”.

A preguntas dos xornalistas, no marco da súa intervención nos ‘Almorzos do Finisterre’, Formoso respondeu así ás críticas do exsecretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, quen cuestionou que Besteiro -imputado no caso ‘Garañón’ pola concesión de licenzas- estivese en condicións de gobernar.

“Confío en que vai ser o candidato”, sentenciou o presidente do organismo provincial coruñés, quen aproveitou tamén para remarcar que “á xente dóelle ver as loitas dos políticos”.

“Os problemas da xente son outros”, recalcou ao instar os membros do seu partido a preocuparse máis destas cuestións. “E non mirarnos tanto ao embigo” engadiu o alcalde das Pontes sobre as diverxencias no seo do PSdeG.

12 de novembro de 2015 | 16:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.