publicidade hoxe

O multiusos de Arcade acolle a representación de “El hada Diana en el Bosque”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSoutomaior
A-
A+

O Multiusos de Arcade acolle este sábado 14 de novembro, ás 19,30 horas, a representación de “El hada Diana en el Bosque”. Trátase dunha obra teatral infantil que representa un conto de fadas para coidar o medio ambiente

“El hada Diana en el Bosque” é un musical familiar especialmente recomendado para nenos e nenas do tres aos doce anos que conta con pezas en tres idiomas, inglés, castelán e galego, para fomentar o gusto polos idiomas desde a idade máis temperá. A representación corre a cargo da compañía pontevedresa TheFairyStor e TellerProductions.

Esta actividade está organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Soutomaior co patrocinio de SOGAMA.

“Júpiter, o Deus do trono, quere destruír o planeta porque os seres humanos non saben coidalo. Pero a fada Diana sabe que os humanos non son culpables porque a culpa é da bruxa Contaminación”. Así define Ariadna Santana, dramaturga, directora e actriz principal da obra, o argumento de “A fada Diana non bosque musical”. A través de seis cancións orixinais de estilos como o Pop, o Rock, o Reggae, ou o Folk e un percorrido a través do seu máxico bosque, promove o respecto polo medio ambiente, ensinando o importante que é a redución, a reutilización e a reciclaxe. Ademais, Diana, sérvese da música clásica e da mitoloxía greco-latina para transmitir valores como a saúde, o compañeirismo ou a intelixencia emocional, valores imprescindibles para o desenvolvemento dos máis pequenos.

Todo isto levado a cabo por dúas persoas, técnico e actriz, que a través dunha coidada posta en escena recrean a maxia dun musical clásico á vez que aúnan disciplinas tales como Monicreques, Danza, Teatro Físico, Ximnasia Rítmica, Malabares, Mimo e Clown. Durante a obra proxéctanse vídeos e realízanse xogos musicais para interactuar co público e reforzar a atención e a comprensión dos máis pequenos, asegurando así a reflexión e a diversión de todos os asistentes.

12 de novembro de 2015 | 19:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.