O IGVS construirá 40 vivendas de promoción pública no parque ofimático da Coruña cun investimento de 3,4 millóns de euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal Portada
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución pola que se licita a redacción dos proxecto básico e de execución e a posterior dirección de obra para a construción de 40 vivendas de promoción pública na parcela Z-11, sector 10 –no Parque Ofimático da Coruña, por un importe de 193.488,71 euros. Os interesados en concorrer a esta licitación dispoñen de quince días naturais para presentar as súas ofertas.

As vivendas de promoción pública construiranse nunha parcela do Parque Ofimático propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo e posteriormente serán adxudicadas entre os demandantes inscritos no Rexistro de Demandantes. O proceso de selección de adxudicatarios anunciarase oportunamente, e iniciarase cando as vivendas se atopen xa en avanzado proceso de construción.

As vivendas que se adxudiquen en réxime de alugueiro pasarán a integrar o parque público de vivenda en aluguer, que actualmente está composto por 2.800 vivendas propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo adxudicadas en dito réxime. Este parque público de vivenda en aluguer incrementarse en breve, xa que están previstas próximas entregas de vivendas de promoción pública en réxime de aluguer en Pontevedra e Ourense. 

A construción de 40 vivendas de promoción pública no Parque Ofimático da Coruña suporá un investimento total de 3,4 millóns de euros, dos que 1,04 millóns de euros xa están incluídos no orzamento do IGVS para o ano próximo. 

O orzamento tamén prevé o inicio de vivendas de promoción pública de nova construción en Vigo e Ourense, e a rehabilitación de edificios de vivendas nos casos históricos de Betanzos, Lugo e Ourense. Estas vivendas rehabilitadas serán calificadas como de promoción pública. En total, o orzamento do IGVS para 20156 inclúe un total de 4,8 millóns de euros destinados a novas vivendas de promoción pública, tanto de nova construción como rehabilitadas en conxuntos históricos.

Por outra parte, en 2016 tamén se regularán as vivendas de promoción pública concertadas. Serán vivendas construídas por promotores públicos ou privados alleos ao IGVS, que serán cualificada como vivendas de promoción pública e adxudicadas baixo o mesmo réxime que as que constrúe o IGVS. Os adxudicatarios destas vivendas deberán cumprir os mesmos requisitos que os das que constrúe o IGVS e terán os mesmos dereitos, axudas e obrigas.

20 de novembro de 2015 | 13:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.