publicidade hoxe

O grupo de participantes do programa de Mentoring continúa as sesións formativas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

O grupo de participantes do programa de Mentoring, organizado pola Concellería de Emprego do Concello da Guarda, continúa coas súas sesións, tanto colectivas coma individuais. Esta formación, que comezou no mes de outubro finalizará a finais de decembro, para, no próximo ano, retomar as clases. 

Durante estes primeiros encontros quincena de participantes traballaron máis polo miúdo as sesións de coaching para, en xaneiro, traballar no acompañamento laboral e no mentoring. 

As sesións individuais axudan para que cada un dos participantes enfoque dunha maneira máis clara os seus proxectos e poidan chegar a acadalos despois de traballalos neste programa. Tanto a coordinadora do programa, Susana Rodríguez, coma os participantes, e a organización, móstranse moi contento polos resultados desta iniciativa.

17 de novembro de 2015 | 12:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.