O goberno local de Vilagarcía reclama da Xunta unha rápida solución ao servizo de catering nos colexios do municipio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, dirixiu hoxe sendas misivas ás consellerías de Sanidade e de Educación, tanto en Santiago coma nas xefaturas provincias de Pontevedra, para esixir unha rápida solución aos problemas detectados co servizo de catering que serve aos colexios de Carril, Vilaxoán e Rubiáns. No seu escrito, o alcalde lembra que as queixas sobre a empresa en cuestión, Pereira Rojas, SL non son novas, senón reiteradas.

Para o goberno local este é un tema de máxima precupación posto que, aínda que se trata dunha competencia municipal, como os propios representantes das Anpas nunha xuntanza co concelleiro de Educación, Miro Serén, o certo é que un asunto de saúde pública, polo que as ANPAs contan con todo o apoio municipal nas súas reivindicacións. O goberno local xa estivo en contacto con gobernos doutros concellos afectados polo mesmo motivo e pola mesma empresa, de aí que se puxera de inmediato en comunicación co Xunta, todo iso con independenza de que se promoverán iniciativas parlamentarias para aclarar todo o que ten que ver coa concesión do catering e a calidade do servizo que se presta.

Seguridade alimentaria

Neste sentido, o alcalde lembra aos conselleiros de Educación e de Sanidade que “calquera problema que teña que ver coa seguridade alimentaria merece a máxima atención por parte das administracións, pero cando se trata da alimentación de nenos e nenas de curta idade hai que ser especialmente coidadosos”, e por iso solicita que por quen corresponda se adopten as medidas oportunas “e con carácter inmediato” para que casos como estes non se volvan a repetir.

10 de novembro de 2015 | 19:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.