O galego Giovanni Pérez queda segundo na última proba e na clasificación final do Trofeo Nacional Enduro Senior C 2T
O galego Carlos Giovanni Pérez acadou a 2º posición na última proba do Trofeo Nacional de Enduro Sénior C 2T que se celebrou o pasado fin de semana, 7 e 8 de novembro, na localidade de Igualada (B). Nesta proba de dous días, Giovanni finalizou na 2º posición tanto o sábado como o domingo, o mesmo resultado que logra na clasificación final do Trofeo Nacional de Enduro Senior C 2T.
Outros galegos que participaron nesa proba foron Isidoro Martínez na categoría de Senior C 4T que finalizou 5º os dous días, e Alberto Lococo na categoría Senior C 2T que finalizou 9º o primeiro día e 11º o segundo.











