O Estadio Iberoamericano de Huelva levará o nome de Emilio Martín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaPontevedra
A-
A+
Emilio Martín

Emilio Martín

O atleta da Sociedade Ximnástica de Pontevedra, o onubense Emilio Martín, é un referente no deporte de Huelva, grazas, entre outros, aos éxitos deportivos cultivados no Mundial de Duatlon; onde recentemente en Adelaida conseguiu ser por segunda vez Campión do Mundo.

Emilio que se fixo un sitio na elite nacional do medio fondo do atletismo español, decantouse nos últimos anos pola práctica do Duatlon, consistente en ciclismo e carreira pedestre, aínda que seguiu compaxinando perfectamente o Duatlon co atletismo e foi nese contexto cando a finais de 2011 fichou pola Sociedade Ximnástica.

Durante estes catro anos, agora comeza a súa quinta tempada nas filas pontevedresas, foi e segue sendo unha peza fundamental para asentar ao equipo masculino na División de Honra, incluso o verán pasado en Vigo estableceu na proba de 3.000 metros unha mellor marca da Ximnástica en División de Honra. Ademais suma grandes actuacións coa Ximnástica na Copa do Rei e no equipo de campo a través.

O pasado mércores o pleno da Deputación de Huelva quixo recoñecer por unanimidade a Emilio, a súa achega ao deporte onubense pondo o seu nome na instalación deportiva referente de Huelva; pasando a denominarse a partir de agora “Estadio Iberoamericano de Huelva Emilio Martín”.

En 2004 os XII Xogos Iberoamericanos de Atletismo, que se celebraron en Huelva, serviron para inaugurar unha instalación, pola que traballou moito Emilio en facela realidade e que continúa sendo referente do atletismo nacional, coa celebración cada ano do Meeting Iberoamericano de Atletismo. Foi o pasado 10 de xuño na súa undécima edición, cando vimos a Emilio correr a proba de 5.000 metros.

5 de novembro de 2015 | 17:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.