O Concello de Vigo insta á Xunta a iniciar as obras da Cidade da Xustiza de xeito inmediato

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

Abel Caballero deu conta esta mañá do envío dunha carta ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, transmitíndolle que xa están a disposición do terreos para construír a Cidade da Xustiza. En declaracións aos medios, o rexedor instou ao goberno autonómico a comezar “de inmediato” as obras.

O goberno de Vigo envioulle unha carta ao vicepresidente da Xunta e conselleiro de Xustiza e Administracións Públicas, Alfonso Rueda, na que lle comunica de xeito oficial que xa ten a súa disposición os terreos para construír a Cidade da Xustiza. O alcalde confía en que a Xunta cumpra o compromiso adquirido por Alberto Núñez Feijóo de iniciar as obras tan pronto tiveran os terreos dispoñibles. A este respecto, Caballero puntualizou que o goberno local “non admitirá que as obras duren tres anos”, polo que insta á Xunta a iniciar os traballos de “xeito inmediato”.

3 de novembro de 2015 | 16:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.