O Concello de Vigo amosa o seu apoio á flota do cerco a través dun cartel no barco Alfageme

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+
Caballero presentando o cartel no barco Alfageme

Caballero presentando o cartel no barco Alfageme

Dende este xoves o barco Bernardo Alfageme, situado na rotonda de Coia, loce dúas pancartas, unha a babor e outra a estribor, que amosan o respaldo da cidadanía á pesca do cerco baixo o lema “Vigo apoia ao cerco galego. Por un reparto xusto”. O alcalde explicou que cumpre así co compromiso que adquirira a semana pasada na xuntanza que mantivo con representantes da flota do cerco, unha actividade que Abel Caballero considera “un sinal de identidade desta cidade”e insta á Xunta de Galicia a que atenda as súas demandas. 

5 de novembro de 2015 | 17:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.