publicidade hoxe

O Concello de Cambre derruba a estrutura de “As Placas” en Castroboo para repor a legalidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+
Visita ás obras de demolición

Visita ás obras de demolición

O Concello de Cambre derruba a estrutura coñecida popularmente como «as placas», un edificio situado en Castroboo (Anceis), que foi cedido ao Concello no seu día por unha promotora e que leva máis de trinta anos en pé. Durante anos os veciños reclamaron unha solución ao concello, xa que a estrutura pasou a formar parte do patrimonio municipal tras un convenio urbanístico, pero ninguén fixo nada por adaptala á legalidade.

Segundo o concelleiro de Urbanismo, Juan Leirós, a estrutura esquecida polo concello durante anos, ademais de estar fóra da legalidade, supuña un perigo para os mozos que se reunían no seu interior. O edificio presentaba serias deficiencias e estaba seriamente danado polo paso dos anos.

Decidimos repor a legalidade neste caso e así actuaremos co resto de estruturas que non cumpren coa normativa urbanística. Se esiximos aos veciños que cumpran a legalidade urbanística o Concello sebe ser o primeiro en dar exemplo”, apuntou o edil de Urbanismo e Medio Ambiente.

Os traballos de demolición comezaron hoxe mesmo pola mañá e espérase que esta semana poidan finalizar. O propio concelleiro visitou hoxe as obras de demolición e asegurou que se reciclarán os cascallos para usalos na zahorra de obras posteriores xa planificadas. Así, conseguirase reutilizar o material derrubado para aforrar custos noutros proxectos.

Por outra banda, trátase dun espazo no que unha promotora ía construír unha urbanización, pero hai anos que desistiu da idea e o espazo estaba completamente abandonado. O edil esixiu a limpeza das leiras, cheas de maleza e cascallos, e a empresa levou a cabo un primeiro traballo consistente na roza das súas leiras.

10 de novembro de 2015 | 20:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.