publicidade hoxe

O Concello aportará os 108.000 euros restantes das obras do colexio Campomaior para completar o proxecto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+

O Concello de Ordes aportará os 108.500 € restantes para completar as obras no colexio Campomaior, as cales ascenden a 258.500 €.  Así o explicou esta mañá o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, tras facerse pública a subvención de 150.000 € outrorgada pola Deputación da Coruña para facer posible esta intervención.

Un proxecto calificado de “moi necesario e importante para a comunidade educativa” según palabras de Martínez Sanjurjo. Precisamente foi el mesmo quen se encargou de expoñerllo ao presidente da Deputación, Valentín González, durante a visita oficial que este realizou ao Concello o pasado 22 de outubro. Neste encontro o rexedor, con planos e documentación na man, presentoulle a memoria técnica na que se explican as obras de acondicionamento do pavillón e da súa fachada exterior, as reparacións da pista polideportiva e dos vestiarios, as melloras na iluminación e as labores de repintado e  limpeza nos paramentos interiores. Tamén se engadirá un novo ximnasio nun dos laterais, cunha superficie total de 300 metros cadrados.

Traballo insistente

Non era a primeira vez que Martínez Sanjurjo mostraba a súa preocupación por este proxecto na Deputación da Coruña, xa que o tema fora abordado extensamente con Diego Calvo antes do seu relevo. De feito no Concello de Ordes tense constancia que antes da saída de Calvo do ente provincial chegou a xestionar con Valentín González a posibilidade de levar a cabo a dita intervención.

Tanto polo interese e a preocupación mostrados como pola urxencia á hora de conceder a achega económica (a solicitude formal realizouse o 26 de outubro), o alcalde de Ordes fixo público o seu agradecemento e satisfacción ante a Deputación e o actual presidente. 

10 de novembro de 2015 | 18:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.