O Centro Cultural acolle unha charla informativa sobre o programa “Familias de Acollida”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

Mañá, xoves 19 de novembro, no Centro Cultural da Guarda terá lugar unha charla informativa sobre o programa “Familias de Acollida”. O evento comezará ás 18 horas.

Dende o Concello da Guarda e a Cruz Vermella, organizadores da xuntanza, queren convidar a todos os veciños e veciñas da localidade a participar nesta charla para coñecer o que significa realmente converterse nunha familia de acollida. 

Ademais de traballadores da Cruz Vermella, no evento estarán persoas que xa foron familias de acollida para, de primeira man, contar a súa experiencia.

Neste encontro tamén se falará sobre os motivos polos que os nenos e as nenas están dentro de este programa, as características dos menores e as súas difíciles situacións. 

Aquel que precise máis información pode dirixirse o departamento de Educación Familiar ou a Oficina de Información Xuvenil do Concello da Guarda.

18 de novembro de 2015 | 12:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.