O Burela FS e o Concello de Cervo renovan colaboración
O Club Deportivo Burela Fútbol Sala Pescados Rubén vén de renovar a súa colaboración co Concello de Cervo, co fin de manter o traballo realizado nos últimos anos na potenciación da práctica de deporte entre os mozos e mozas do municipio. O presidente da entidade laranxa, Manuel Blanco, foi recibido no consistorio cervense polo de Deportes, José Ramón Soto, onte pola tarde para a formalización da continuidade de proxectos conxuntos.
Neste marco de actuación, o alumnado e profesorado da escola de Cervo poderán gozar de xornadas de convivencia e amigables cos membros do CD Burela FS, ademais de recibir pases especiais para presenciar os encontros laranxas e acceder a descontos nas actividades programadas dende o club. Pola súa banda, o Concello cederá as instalacións municipais para a práctica deportiva previa solicitude do club.