O baloncesto do Monbus Obradoiro a só 9 euros con Tiro Libre SCQ

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O Rio Natura Monbus Obradoiro pensa xa na seguinte xornada de Liga Endesa (domingo, 13.00 horas) na que visitará ao F.C. Barcelona no Palau. Tras ese encontro, Sar volverá esperar aos obradoiristas, nesta ocasión, con dúas xornadas consecutivas do mellor baloncesto santiagués.

Tiro Libre SCQ, a tenda oficial do club, quere que os seus clientes non se perdan eses encontros, e lanza co club unha promoción exclusiva: todo aquel que presente nas oficinas do club un ticket de compra superior a 30 euros poderá comprar até 4 entradas a 9 euros en Tribuna 2 para un dos dous encontros, correspondentes ás xornadas 7 e 8.

A tenda, situada na Rúa Ramón Cabanillas e con horario de luns a sábado de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 21.00, ten todos os produtos oficiais do club. Os abonados teñen un desconto neles do 5%, salvo nas camisetas de xogo, nas que o desconto ascende ao 10%. 

O maratón comezará coa visita do Movistar Estudantes (domingo 22, 18.00 horas – non televisado). Os prezos xerais para este encontro son de 19 euros en Fondos, 25 euros en Tribunas 2, 29 euros en Tribunas 1 e 35 euros en Tribunas Retráctiles. Terán como habitualmente Prezos Reducidos os menores de 18, estudantes menores de 25, maiores de 65, parados de longa duración e federados do baloncesto. Para eles, os prezos serán de 15 euros en Fondos, 19 en Tribunas 2 ou 25 en Tribunas 1. 

A segunda parada dos obradoiristas en casa será a xornada 8, ante o FIATC Joventut (sábado 28, 20.00 horas – non televisado). Nesta ocasión, os prezos serán de 19 euros en Fondos e Tribunas 2, 25 euros en Tribunas 1 e 29 euros en Tribunas Retráctiles. Os Prezos Reducidos para este encontro son de 15 euros en Fondos e Tribunas 2 e 19 euros en Tribunas 1. 

As entradas pódense comprar desde xa mesmo mediante a páxina web do club (www.obradoirocab.com) ou en oficinas, con horario de apertura de luns a venres de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.

9 de novembro de 2015 | 18:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.