publicidade hoxe

O Auditorio Municipal de Ribadumia acollerá esta fin de semana a obra de teatro” Un marido de ida e volta”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioRibadumia
A-
A+

O Auditorio Municipal de Ribadumia acollerá este domingo 8 de novembro a representación da obra “Un marido de ida e volta”, que correrá a cargo da compañía de teatro de Cuntis  “CHUMPÁ”.

A obra toca o tema do “máis alá”. Do amor que fai ao marido defunto volver en forma de pantasma ao lado da súa muller, novamente casada, con todas as situacións extremas que iso orixina. A obra está orientada nos anos cincuenta,  con tono de misterio e cunha sucesión de personaxes e situacións a medio camiño entre a realidade e farsa. É unha obra que fai entrar ó espectador nun mundo de fantasía. 

A compañía Chumpá Teatro, procedente de Cuntis, celebran este ano o décimo aniversario e xa levan sete obras de teatro diferentes representadas por todo o panorama galego.   

Este domingo aterrizan no Auditorio Municipal de Ribadumia para representar a obra “Un marido de ida e volta” a partir das 19:00 horas. A entrada é libre. 

6 de novembro de 2015 | 19:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.