O auditorio municipal de Narón acollerá este sábado unha charla da escritora e psicóloga Rosa Jové sobre “A xestión das rabietas”
O auditorio municipal, na praza de Galicia, acollerá este sábado, día 14, unha charla sobre “Xestión de rabietas” organizada pola asociación Bbtta. A encargada de impartila será a escritora e licenciada en psicoloxía Rosa Jové. A convocatoria terá lugar a partir das 11.30 horas e será aberta ao público en xeral, se ben o aforo está limitado ás prazas dispoñibles nas citadas instalacións municipais. A iniciativa conta coa colaboración do Concello de Narón.
A actividade continuará pola tarde, a partir das 16.30 horas, cun obradoiro sobre “Resolución de conflitos ó longo de toda a infancia”. As prazas deste taller, que se desenvolverá no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, están xa cubertas.











