publicidade hoxe

O Auditorio Municipal acollerá o concerto dedicado a Santa Icía da “Agrupación Músico Cultural de Ribadumia”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Auditorio Municipal de Ribadumia acollerá este sábado 21 de novembro o concerto da Agrupación Músico Cultural de Ribadumia dedicado á patroa dos músicos Santa Icía.

Como cada ano, a banda de música de Ribadumia realiza un concerto que “ademais de estar dedicado á nosa patroa tamén o está ós músicos, ós pais/nais de músicos e ós socios”, aseguran dende a Agrupación Músico Cultural. 

Ademais, esta data coincide practicamente co aniversario da inauguración da agrupación (o 22 de novembro), que este ano cumpre xa 17 anos de existencia, polo que o día será moito máis especial para eles e para todos ós que seguen á agrupación local. 

A actuación terá lugar este sábado 21 de novembro no Auditorio Municipal de Ribadumia a partir das 20:00 horas e a entrada é libre. 

19 de novembro de 2015 | 19:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.