O alcalde de Vilagarcía convoca ao grupo de traballo de urbanismo e infraestruturas para analizar o proxecto da praza de Abastos
O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, vén de convocar un dos “grupos de traballo” previstos no pacto de organización do Concello, en concreto o de “Urbanismo e infraestruturas”, cun único asunto en estudio: a situación creada arredor do proxecto da praza de abastos, unha vez que o informe de Patrimonio fai inviable calquera actuación presente ou futura. A cita será o martes 10 ás 19:00 horas e nela participarán, de acordo co pactado, dous concelleiros en representación do PSOE, outros tantos polo PP e un por cada un dos grupos restantes: EU, BNG e Somos Maioría.
Un día antes, o luns, o alcalde manterá unha reunión en Santiago (13:30 horas) coa directora xeral de Comercio e outra, pola tarde e en Vilagarcía (19:00 horas), coa xunta directiva da asociación de comerciantes da praza. Do resultado de ambas tamén dará conta o alcalde ao denominado “grupo de traballo” na xuntanza do martes.











